Vivenda construirá 178 pisos de protección en Gondomar

Sexta-feira, 7 de Novembro de 2008

O proxecto levará a cabo nunha parcela de 52.000 metros cadrados

A consellería de Vivenda espera construír en Gondomar ao longo dos próximos cinco anos as primeiras vivendas de protección oficial nos últimos 20 anos.

A Xunta incluíu a este concello miñorano dentro do plan sectorial Galicia Vivenda que foi presentado a semana pasada.

A administración autonómica contempla a creación dun total de 178 pisos a prezo taxado nun área de 52.669 metros cadrados próximo ao centro urbano. A área está comprendida entre as rúas Diego Sarmiento de Acuña, Eduardo Iglesias , Elduayen e o río Zamáns.

O proxecto contempla a ampliación do centro da vila condal nesta zona, que contará con novos espazos públicos. O plan contempla a adecuación dun total de 17.500 metros cadrados de superficie que serán destinados a espazos libres e zonas verdes. Por outra banda, outros 5.500 metros cadrados reservaranse á equipamentos públicos.

A Ribeira do Río Zamáns afectada polo polígono quedará cualificada como un espazo libre de uso e dominio público e formará parte dun gran parque urbano, dentro dunha estratexia de protección ambiental deseñada neste Concello.

A actuación desenvolverase en chan urbano, polo que non exporá grandes complicacións a dotación de servizos básicos a esta parcela que colinda coa estrada PO 331.

A creación deste novo polígono residencial satisfai as expectativas do equipo de goberno nacionalista, para o que facilitar vivenda protexida é unha das prioridades no municipio de Gondomar e era un dos aspectos do programa electoral do BNG.

Asemblea da Plataforma o 9 de novembro

Get your own at Scribd or explore others: Politics Activism

Os do non en Gondomar

Sábado, 1 de Novembro de 2008

Aunque después siempre me suelo arrepentir, el martes 30 de septiembre volví a asistir al Pleno de la Corporación Municipal de Gondomar. Un espectáculo lamentable el que allí volvieron a dar los partidos de la oposición. En realidad, yo creo que a estas alturas no hay más que un único grupo, sin ideología y sin propuestas, y unido con el único fin de impedir que Gondomar tenga un gobierno estable. Creo sinceramente que con esa actitud tan irresponsable se equivocan el PP y el PSOE, pues los ciudadanos, que como yo no somos del BNG, no entendemos esa forma de hacer política que tanto daño le hace al Pueblo y que, en consecuencia, tenemos que darle la razón al alcalde. El no por el no, sin alternativas, en política se paga siempre muy caro. ¿Cómo se puede votar en contra de pagar a la Mancomunidad del Val Miñor cuando en Gondomar ya estamos disfrutando de sus beneficios?, ¿o votar en contra de cobrar la recogida de los RSU como ocurre en todos los concellos modernos del mundo?... Francamente, somos muchos los ciudadanos que no lo entendemos. Y luego exigen servicios de calidad, ¿cómo es posible?
Lo grave es que esta situación ya no tiene remedio. En realidad pienso que nunca lo tuvo, lo dejó muy claro en ese mismo pleno el portavoz del PSOE dirigiéndose al alcalde: "a usted lo votamos para alcalde, no para ser gobierno". Menuda irresponsabilidad, ¿cómo se puede votar por un alcalde con la estrategia premeditada de que después se le va a negar el pan y la sal? ¡Menuda oposición tenemos en Gondomar! Por mi parte no puedo hacer más que manifestar mi opinión públicamente, desearle suerte a nuestro alcalde y pensar mejor mi voto para las próximas.

Manuel González Pousa.

O presuposto de Vivenda reserva 10,8 millóns de euros para a ordenación da Pasaxe

Segunda-feira, 27 de Outubro de 2008

A cantidade destinarase á creación de servizos básicos e á ampliación do ámbito para legalizar un polígono industrial que leva máis de tres décadas nunha situación irregular.

Ler máis no Faro de Vigo

Como ben di Neli no titular de onte do Faro de Vigo, tiveron que pasar máis de 30 anos para que un goberno conseguise solucionar o problema do Polígono da Pasaxe. Isto demostra que, aínda estando en minoría e con moitos atrancos por parte da oposición, o Goberno do BNG non só ten vontade de facer as cousas senón capacidade e poder para dar solucións. Tamén demostra que os que estiveron 16 anos de goberno continuado e con maioria absoluta non tiñan ese compromiso con Gondomar demostrado polo BNG.

Hoxe moitos veciños e veciñas de Gondomar poden estar contentos por un feito histórico que, de seguro, repercutirá moi positivamente na economía do noso Concello. Lamentablemente a xestión do BNG no Concello atópase sistemáticamente co "non" de PP, PSOE e Move, facendo que moitas cousas, aparentemente, máis doadas de levar a cabo sexan tarefa imposíbel.

"Poreime diante das máquinas do Vigo Íntegra se é necesario, como fixen coa autoestrada"

Terça-feira, 21 de Outubro de 2008

O novo curso político comezou con dificultades para o goberno que dirixe Antonio Araúxo. Pasou máis dun ano desde a toma de posesión e segue en minoría. As negociacións cos posibles socios de goberno, o grupo socialista, están rotas. O PSOE convertiuse así nun membro máis da oposición que rexeita habitualmente as propostas dos nacionalistas. A pesares de todo, o rexedor de Gondomar non tira a toalla. Amósase seguro da súa capacidade de xestión. Como el mesmo di, é máis doado acadar unha forte inversión por parte da Xunta que uns poucos miles de euros para tarefas cotiás se é o pleno o que os tén que aprobar.

-Cal é o balance deste primeiro ano no goberno?
-Moi positivo, tanto no plano persoal como no político. A cidadanía percibe un cambio cun alcalde ao pé do canón, que atende a xente, e un goberno que fai as cousas fóra dos circuitos clientelares e que acode ás outras administracións con proxectos debaixo do brazo. Pese ás dificultades e aos paus nas rodas, o goberno foi quen de xestionar cerca de 7 millóns de euros en investimentos. Iso demostra que temos capacidade de xestión. Non está mal para un alcalde mileurista que cobra 2.900 euros ao mes e adica gran parte do seu salario aos gastos de xestión dos concelleiros porque a oposición os mantén sen soldo.

-Como se repartiron eses recursos?
-Desde o novo centro de saúde, que pasa dos 2 millóns de euros, ata un pequeno parque na Portavedra que fixo a Consellería de Medio Rural despois de 20 anos de reclamacións dos veciños. Polo medio houbo unha partida de 500.000 euros para o plan sectorial do polígono industrial da Pasaxe e outra de 200.000 para as beirarrúas do paseo fluvial do río Miñor, para o que xa temos proxecto. Tamén está o local de ensaio de Vincios, entre outras iniciativas.

-Que retos se marca neste curso politico?
-Ante todo, a construcción de vivenda pública. No rexistro de demandantes da Consellería de Vivenda, Gondomar é un dos principais concellos con máis de 700 peticións.

-Unha das últimas polémicas centrouse na piscina.
-Esa é unha longa historia.Tiña que estar feita hai xa máis de catro anos, pero perdeuse a subvención da Xunta porque o PP non xustificou as obras. A piscina vaise facer e espero que cun custo mínimo para o concello.

-O conflicto laboral dos traballadores da recollida do lixo ameaza cunha nova folga. Que pode facer o concello?
-O problema do servizo de recollida tén dúas partes: a laboral entre a empresa e os operarios e a calidade do servizo que a empresa lle ofrece aos veciños. Esta última é a que o concello tén que negociar coa conesionaria -Geseco-. O feito de que o concello lle abone ou non á empresa o que pide non resolve o conflicto laboral. Despois de que a oposición nos impedise implantar a taxa pola recollida, a solución é difícil. O servizo custa 600.000 euros ó ano e para melloralo hai que cobrar o lixo. Nós non o facemos e por iso a Consellería de Medio Ambiente considera que non temos dereito a recibir subvencións.

-Fala da actitude da oposición do PSOE e do PP. Queda descartado por fin o pacto de goberno cos socialistas?
-A situación política etá clara a día de hoxe. En Gondomar resulta máis fácil conseguir 2 millóns de euros para o centro de saúde que 30.000 para contratar xente para limpar camiños porque os tén que aprobar o pleno. Dou por feito que é imposible o acordo e goberno, tendo en conta que os nosos hipotéticos socios pasaron límites que non se poden pasar nunca, como o do rescate do Plan Xeral da corrupción de 2006 como un documento válido e o lamentable achegamento ao PP. Hai un antes e un despois do pleno no que os dous grupos acordaron recuperar o plan. Foi entón cando o PSOE dixo por primeira vez que me votaran para alcalde, pero non para gobernar. Está claro entón que a postura é poñer paus nas rodas.

-Cre que ese achegamento entre socialistas e populares dará lugar a unha próxima moción de censura?
-Iso é algo que non nos preocupa porque non depende de nós. Nós gobernamos para os veciños de Gondomar e so é o que nos preocupa. Todo o que depende de nós faise e o que tén que pasar polo pleno, atópase co non. E sempre fichemos chamadas ó consenso. No Plan Xeral, pedímoslles opinión para negociar o prego de condicións e non quixeron facelo. O máis grave é que non queren falar do modelo urbanístico que queren para Gondomar. Só pretenden recuperar o plan feito a golpe de talonario.

-Outra das cuestións que xenera máis inquedanzas é o plan Vigo Íntegra.
-O primeiro que fixo o goberno municipal foi informar aos veciños parroquia por parroquia. Nunca ocultamos que é unha iniciativa do goberno galego, no que está o BNG, pero tamén deixamos claro que se o plan non é bo para Gondomar, oporémonos. Non fixemos coma o PP coa autoestrada, que o presentou en agosto e mantivo unha postura diante dos veciños e outra diante da Xunta. Eu estarei disposto a poñerme diante das máquinas se é preciso, como o fixen coa autoestrada cando non era nin concelleiro.

12 de Outubro, día do Xenocidio.

Quinta-feira, 16 de Outubro de 2008



Fala coa seguridade que lle dá ter toda a razón do mundo!

Xa o entendo!

Cando onte lin a noticia anterior quedei un pouco sorprendido e supuxen que as cousas non eran tan simples como as explicaban os dou representantes populares.

O que non dixeron os do PP foi que esta iniciativa era unha máis dentro dun paquete de 400 medidas tan dispares como a construcción de campos de golf ou subvencións a colexios privados. Evidentemente, si para aprobar esta iniciativa tiñán que aprobar todo o paquete de medidas, fixeron ben en rexeitalo. O que haberia que facer é presentar a iniciativa ailladamente e especificando claramente as actuacións do Plan que queremos que sexan retiradas.

Ao fin, como tiña que haberme imaxinado, todo foi un intento de manipulación por parte do PP, que, en todo este asunto, sempre foi a remolque do goberno do BNG e subiuse ao carro no último momento para rabuñar algún que outro voto.