Redacción do novo PXOM de Gondomar

Quinta-feira, 26 de Junho de 2008

O pasado día 16 de xuño publicouse no DOG o inicio de concurso para adxudicar a redacción do novo PXOM de Gondomar. Podedes consultar o anuncio aqui.

Isto supón un paso máis cara "a luz" dado polo goberno actual en minoría e que ten que soportar en solitario a "pesada herdanza" do anterior Goberno do PP.

A posición, en canto a urbanísmo, dos partidos da oposición de Gondomar é moi cómoda, mentres o goberno traballa, aínda sen cobrar, eles adicanse a botar por terra todos os seus esforzos e, para máis inri, saen nos medios, moitas veces a través dos seus "chiringuitos", criticando a parálise de Gondomar.

Señores da oposición, sodes maioria! botade a andar vós a Gondomar e todos contentos!

O problema, penso eu, e que non queren debido a que o que propoñen non o cren nin eles. A súa cobardia impídelles levar adiante as súas escasas propostas porque, moi posiblemente,ao final levarian nos fuciños con elas. Diso, os do PP de Gondomar, saben moito.

2 comentarios:

ALFONSO DE LIS disse...

¿non é máis cobardía o ocultarse baixo un seudónimo?

Chínfano disse...

Home, si me estás comparando escribir opinións persoais en internet con gobernar Gondomar, téñoche dicir que NIN DE BROMA. Eu non teño nas miñas mans modificar o futuro dos veciños dunha vila xuntando catro letras no meu blogue, fagoo porque quero.

O do seudónimo foi, simplemente, unha eleizón. Aparte non creo que cambiara moito o conto se se coñecera a miña identidade.